Autor:
Leticia, Eirín (ed.)
Editorial/Institución editora:
Iberoamericana/Vervuert
Ciudad:
Madrid/Fráncfort
País:
España
Año:
2025
Tipo de publicación:
Libros
Descripción:
En este son un cantar farei. Estudos sobre o universo das cantigas recolle once traballos que presentan aproximacións recentes ao estudo das cantigas medievais galego-portuguesas, e nomeadamente das pertencentes ao xénero de amigo. Focan aspectos tan fundamentais como as peculiaridades da transmisión manuscrita e codicolóxica das cantigas, a xenealoxía dos trobadores, a edición crítica dos textos, alén da revisión de proxectos en curso como Universo Cantigas ou de relecturas poéticas que se fixeron e fan do xénero de amigo nas poesías galega, portuguesa e brasileira contemporáneas.
Estes estudos son obra de doce especialistas procedentes dos ámbitos galego, portugués e italiano e pretenden contribuír a ampliar, desde o rigor filolóxico e tamén histórico, este campo de investigación, coa esperanza de abrir novos diálogos e percursos que engrandezan o xa vizoso ámbito do universo das cantigas galego-portuguesas.

Correo electrónico:
Información adicional:
Leticia Eirín é profesora da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña. O seu traballo de investigación está centrado na literatura medieval galego-portuguesa, e de entre as súas publicacións destacan O cancioneiro de Pero Mafaldo. Edición crítica (2014), en colaboración con Manuel Ferreiro, ou A visión do amor no cancioneiro de Don Denis. Estudo e edición de 33 cantigas de amor (2015). Fai parte do proxecto Universo Cantigas, que ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital da lírica profana galego-portuguesa.
Fecha de publicación:
Lunes, 22 septiembre, 2025