Título: Toponimia prelatina de Galicia Autor: Juan Carlos Búa CarballoEditorial: Publicaciones Universidad Santiago de CompostelaNúmero de páginas: 273
ISBN: 978-84-17595-07-4
Ciudad: Santiago de Compostela
Año: 2018
Esta monografía de Juan Carlos Búa Carballo conságrase ao mundo lingüístico prelatino do noroeste da península Ibérica, moi particularmente no territorio da actual Galicia, a través dos nomes, entre os que os topónimos (no sentido máis amplo do termo) constitúen o grupo máis voluminoso e de documentación máis extensa ao longo da historia, dende as fontes antigas ata as modernas. A obra proporciona unha visión panorámica dos aspectos, problemas e polémicas máis relevantes, ilustrándoos cunha selección por natureza non exhaustiva, pero suficientemente representativa de exemplos. Para o autor, non cabe dúbida que na Galicia prelatina se falou unha lingua céltica e que todo o demais segue suxeito a especulacións. Insiste en que é fundamental recoller todo este material, moi especialmente das fontes medievais e modernas, onde permanece oculto un tesouro de extraordinario valor para tratar de reconstruír a protoforma latina de todos eses nomes.
Servicio de Publicaciones de la Universidade de Santiago de Compostela
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela (España)
http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/1174
24/05/2019
Libro de la semana