Organizadores:
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.
Tipo de actividad:
Congreso, jornada, encuentro
Descripción: 

Presentación de comunicacións.


As persoas que desexen presentar comunicacións deberán facerlle chegar á secretaría do congreso antes do 31 de marzo de 2006 unha proposta en que figure o nome do autor/a, o título da comunicación e un resumo do contido desta, cunha extensión de entre 20 e 30 liñas. A finais do mes de marzo, os comunicantes recibirán notificación da aceptación da súa proposta.


O texto completo das comunicacións aceptadas para o Congreso deberá chegar á organización antes do 15 de xuño de 2006. A extensión máxima da comunicación non deberá exceder de 20 páxinas DIN-A4 (1800 caracteres por páxina); xunto á copia en papel entregarase outra en disquete.


Secretaría do congreso:


Arquivo da Emigración Galega

Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º Andar

E- 15705 Santiago de Compostela (España)

Tfno: +34 981 957202

Fax: +34 981 557351

aemigracion@consellodacultura.org


Ciudad: 
Santiago de Compostela (A Coruña)
País: 
España
Fecha de inicio: 
Martes, 11 julio, 2006
Fecha de finalización: 
Viernes, 14 julio, 2006
Dirección postal completa: 
Consello da Cultura Galega
Teléfono 1: 
+34 981 557351
Fax: 
+34 981 957205
Correo electrónico: 
Materias de especialidad: 
Información adicional: 

A cidade de Bos Aires acolleu entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 o I Congreso da Emigración Galega, no que se conmemoraba o centenario do Banquete de Conxo. A este congreso asistiron representacións de diferentes colectividades emigradas e exiliadas dispersas por América, así como intelectuais galegos, que debateron ao longo deses días os principais aspectos da emigración galega.Cincuenta anos despois, o Arquivo da Emigración Galega considera que cómpre facer unha lembranza deste Congreso e realizar unha homenaxe ás persoas que o organizaron e participaron nel. Pero tamén entende que é necesario abrir de novo o debate sobre os fenómenos emigratorios, nun momento en que Galicia deixou de ser un país emigratorio -aínda que con importantes colectividades asentadas fóra das nosas fronteiras- a ser un lugar de recepción de correntes inmigratorias.Por este motivo invitamos a estudosos e especialistas nos movementos migratorios a reunirnos en Santiago de Compostela do 11 ao 14 de xullo para analizar historicamente a emigración e reflexionar sobre os novos retos que supoñen tanto a inmigración como a preservación da nosa identidade nas colectividades emigrantes.Estructura do congreso:O Congreso constará de conferencias, relatorios, intervencións en mesas redondas e comunicacións, que se organizarán nas seguintes seccións.- A partida e as causas da emigración.- Os procesos de inserción e o asociacionismo.- Os retornos e a inmigración.- A memoria da emigración e o exilio.


16/06/2016 Congresos y cursos